InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo e ACISA asinan un convenio para renovar a...

O Concello de Ribadeo e ACISA asinan un convenio para renovar a imaxe comercial e turística do municipio

A sinatura tivo lugar esta mañá no salón de plenos. Na mesma participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, así como o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello e Acisa asinaron hoxe un convenio extraordinario de colaboración por importe de 17.000 euros, que terá como obxectivo principal a renovación da imaxe comercial e turística de Ribadeo. O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, agradeceu o apoio do Concello para poder desenvolver este proxecto.

A sinatura tivo lugar esta mañá no salón de plenos. Na mesma participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, así como o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, declarou que “o comercio é unha actividade primordial na economía local de Ribadeo e Ribadeo é un referente comercial e de servizos en toda a comarca“. Vizoso enumerou algunhas das accións a realizar logo da sinatura do convenio. Entre elas está a renovación de elementos da sinaléctica como marquesiñas, banderolas dos comercios, muppis, pantallas e outras estruturas e elementos informativos da vía pública. “Apoiámonos tamén na tecnoloxía a través do sistema QR web que, deste xeito, vai estar presente como un distintivo en todos os escaparates e os accesos dos diferentes establecementos asociados a Acisa”.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, manifestou que “queremos agradecer expresamente o esforzo económico que realiza o Concello coa sinatura deste convenio extraordinario”.

Iriarte Quintana subliñou que “imos pasar a cambiar as identificacións que temos nos nosos locais de Acisa”. Ademais, engadiu que “este é un proxecto enfocado á modernización, actualización e especialmente á dixitalización da información turística e comercial de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...