InicioOrientalRibadeoRibadeo remata as obras de mellora do alumeado na rúa Picarolas

Ribadeo remata as obras de mellora do alumeado na rúa Picarolas

A zona contaba con alumeado moi limitado e con estas actuacións quíxose cambiar de lado a súa instalación. "Antes estaba no lado esquerdo da rúa e con esta obra quedou situado na parte dereita, sobre a beirarrúa”.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “o proxecto supuxo a instalación de 7 novas luminarias de tecnoloxía led de 60 vatios”.

A zona contaba con alumeado moi limitado e con estas actuacións quíxose cambiar de lado a súa instalación. “Antes estaba no lado esquerdo da rúa e con esta obra quedou situado na parte dereita, sobre a beirarrúa”.

Freire Rancaño lembrou que “os traballos deron comezo o pasado mes de setembro. A rúa Picarolas estivo pechada ao tráfico uns días, polo que pedimos de novo desculpas á veciñanza polos prexuízos causados, pero toda obra sempre implica algunha que outra complicación”. A edil ribadense engadiu que “o orzamento para esta actuación foi de 22.500 euros”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...