Ribadeo abre o prazo de inscrición para participar no mercado de Nadal

O concelleiro de Desenvolvemento Local engadiu que “o Mercado de Nadal terá lugar do 3 ao 8 de decembro. O horario de apertura será de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas, agás o 3 de decembro (día da inauguración), que a apertura será so pola tarde de cinco a nove”.

Iluminación da Campaña de Nadal. ACISA

O prazo para apuntarse no XVI Mercado de Nadal en Ribadeo estará aberto até o 1 de novembro e que se celebrará do 3 ao 8 de decembro. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “o Mercado de Nadal está especialmente dirixido a persoas produtoras e creadoras da zona”.

O edil ribadense explicou que se establecen diferentes categorías: “persoas artesás, produtos de alimentación e gastronomía artesanal, persoas creadoras, artistas plásticos, gráficos ou dixitais, creadores de xoguetes e creadores de moda de autoría propia e con distribución a pequena escala”.

Vizoso Galdo indicou que “as persoas interesadas en participar no Mercado de Nadal deberán presentar a solicitude de participación ademais de presentar unha memoria descritiva da súa actividade e tres fotografías da súa obra ou stand”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local engadiu que “o Mercado de Nadal terá lugar do 3 ao 8 de decembro. O horario de apertura será de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas, agás o 3 de decembro (día da inauguración), que a apertura será so pola tarde de cinco a nove”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here