InicioOrientalRibadeoRibadeo limita a 20 quilómetros por hora a velocidade xunto aos centros...

Ribadeo limita a 20 quilómetros por hora a velocidade xunto aos centros de ensino

O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu esta mañá a presentación do obradoiro Ribadeo prepara o teu camiño.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellaría de Obras rematou a sinalización vertical nas inmediacións dos centros de ensino nas denominadas Zonas Cativas, onde o límite de velocidade será de 20 quilómetros por hora.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, contou que “esta sinalización ven completar o pintado que se fixo fai unhas semanas das rúas do entorno dos colexios para facer un deseño urbano máis accesible, máis amable, sostible e máis centrado nas crianzas”.

A edil engadiu que “sabemos que é necesario adaptar os entornos nos que vivimos ás demandas da infancia e da adolescencia e desde o Concello de Ribadeo lévase moitos anos traballando con estas premisas”.

BOTA A ANDAR O OBRADOIRO RIBADEO PREPARA O TEU CAMIÑO

O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu esta mañá a presentación do obradoiro Ribadeo prepara o teu camiño. Terá unha duración de nove meses e formará a 20 persoas en situación de desemprego, maiores de 18 anos. Xunto ao alumnado estiveron hoxe o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, e o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor dirixiuse aos participantes neste obradoiro dicíndolles que “nós o que queremos é aproveitar o mellor de vós porque vemos que nestes últimos anos fixemos cousas moi importantes en materia de turismo e en materia de arquivos”. Suárez apuntou que estes obradoiros serven “para que o que fagades nos sirva a nós como Concello e como sociedade”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, manifestou que “botamos a andar este obradoiro dual de emprego que chamamos Ribadeo prepara o teu camiño mediante o que se incorporan 20 novos traballadores, 20 novos alumnos e novas alumnas” que antes estaban en situación de desemprego cuns contratos de duración de nove meses.

O edil ribadense engadiu que “teño que dicir que son diferentes materias con moita importancia e un gran potencial, sobre todo tendo en conta o tecido empresarial e a situación económica actual de Ribadeo como quedou patente“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...