InicioOrientalRibadeoACISA traslada cal é a situación do comercio en Ribadeo ao deputado...

ACISA traslada cal é a situación do comercio en Ribadeo ao deputado Daniel Castro

Ademais do comercio tamén se falou da falta de axudas efectivas e reais para paliar as perdas ocasionadas pola pandemia.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo e o deputado autonómico do BNG Daniel Castro mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo para falar sa situación do sector e do asociacionismo.

Francisco Iriarte agradeceu ao deputado Daniel Castro, que se interesase pola situación do comercio en Ribadeo. “Expuxémoslle a situación que están a vivir o comercio, a hostalaría e os servizos na actualidade e tamén lle fixemos chegar as nosas peticións tanto para o empresariado como para a nosa propia entidade”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que se mirou con especial atención o caso da hostalaría, sobre todo as restricións e os cambios normativos permanentes, especialmente neste ultimo ano, con protocolos “de moi pouca lóxica e que prexudicaron gravemente a capacidade de traballo dos nosos hostaleiros”.

Ademais do comercio tamén se falou da falta de axudas efectivas e reais para paliar as perdas ocasionadas pola pandemia. Analizouse a problemática xeral que están a ocasionar o recibo da luz e o prezo dos carburantes, “algo que está a ser unha nova traba para a recuperación económica das nosas empresas e do consumo” dixo Pérez.

Iriarte Quintana indicou que tamén comentaron a importancia que vai ter o Camiño do Mar, “co que Acisa está plenamente involucrada pola repercusión que pode ter para a nosa económica e coincidimos na necesidade de que a Xunta, comece de inmediato a promocionalo como ruta oficial”.

COLABORACIÓN COA AECC

Noutra orde de cousas, Acisa Ribadeo, un ano mais, colabora coa AECC na súa campaña de recadación de fondos para a loita contra o cancro, que comeza hoxe e remata o dia 22. “En Ribadeo a lo menos hai 35 negocios asociados onde se poden facer os donativos nas huchas facilitadas pola AECC. Dende ACISA Ribadeo facemos un chamamento á cidadanía a colaborar nesta causa solidaria”, insistiron presidente e xerente do colectivo empresarial ribadense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...