O alcalde de Ribadeo sinala que as obras en Cinxe están próximas á súa finalización

Os traballos, financiados polo Concello e polo Plan Único da Deputación de Lugo, supoñen un investimento de 53.000 euros.


ASeguen as obras do saneamento de Cinxe, coa conexión co da Rochela, para o que foi preciso realizar un corte na estrada N-634, segundo contou o alcalde, Fernando Suárez. Os traballos, financiados polo Concello e polo Plan Único da Deputación de Lugo, supoñen un investimento de 53.000 euros.

O rexedor explicou que “estamos ocupados estes días na continuación destas obras de saneamento en Cinxe, precisamente coa conexión deste saneamento co da Rochela”.

O propio Suárez explicou que estas obras pasaron por un proceso realmente complexo de tramitación de permisos “porque cruzar unha estrada de ámbito estatal require moitos trámites”. Con estas obras “un bo número de casas poderán ter a posibilidade de conectarse ao saneamento público”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here