InicioOrientalRibadeoEo Alimenta levará adiante unha sesión formativa para a mellora de procesos...

Eo Alimenta levará adiante unha sesión formativa para a mellora de procesos grupais

A estratexia alimentaria participativa Eo Alimenta, celebrará a Píldora Formativa Mellora da Calidade dos Procesos Grupais, que terá lugar o venres, 29 de outubro, de 19 a 20:30 horas na Casa de Xuventude de Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

A estratexia alimentaria participativa Eo Alimenta organiza unha sesión informativa sobre a mellora de calidade dos procesos grupais. Será este venres, día 29, na Casa da Xuventude de Ribadeo.

Ao longo deste ano estanse celebrando sesións internas e públicas de debate coas que se vai pensado de xeito colectivo cales son as dificultades e/ou alcances dunha estratexia alimentaria.

A finalidade é pensar de xeito colectivo para acadar respostas concretas ás diferentes problemáticas que envolven a cadea alimentaria e que a xente que vive no territorio comece a consumir de xeito máis saudable e cun menor impacto ecolóxico.

Dentro das sesións previstas este venres, día 29, na Casa da Xuventude, terá lugar unha breve sesión para abordar uns coñecementos básicos sobre a necesidade de incorporar ferramentas de facilitación grupal nos procesos colectivos.

Ao tratarse dun proceso complexo, sempre hai dúbidas sobre os alcances, ou tensións polas temporalidades, o que pode provocar tensións, polo que é importante dar espazo de calidade ao grupo para atender esas demandas ou desexos.

Por este motivo é polo que e celebrará a Píldora Formativa Mellora da Calidade dos Procesos Grupais, que terá lugar o venres, 29 de outubro, de 19 a 20:30 horas na Casa de Xuventude de Ribadeo.

Esta primeira sesión será conducida pola facilitadora Verónica Campos, educadora ambiental con 20 anos de experiencia en procesos de participación, educación e comunicación ambiental.

A xornada formativa está aberta a todas as persoas interesadas en incorporar estas ferramentas nos procesos grupais ou para aquelas persoas que desexan facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos ou comunidades, dunha forma participativa. Para iso cómpre inscribirse antes das oito da tarde de hoxe mércores, día 27, no email eoalimenta@usc.gal

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...