-Por que non se efecturaron con anterioridade catas arqueolóxicas en augas galegas?
Porque persistía a imaxe das malas condicións para conservación de patrimonio subacuático galego, ademais que en ambientes académicos sostiñan que non se podería bucear en condicións seguras. Isto no permitiría realizar traballos de arqueoloxía polas condicións físicas do mar en Galicia. Ese foi o primeiro obstáculo a vencer a finais dos 80 e comezos dos 90. Logo houbo que demostrar a existencia dun patrimonio arqueolóxico subacuático que fose digno de estudo. Isto tamén levou un esforzo. Todo isto non se superou até a chegada dos 2000. Eses foron os handicaps a superar para que as administracións aprobasen este tipo de traballos.
-Como se prepara unha investigación arqueolóxica mariña?
O primeiro de todo, ter claros cales son os teus obxectivos, cales son as preguntas que queres responder co teu traballo. Hai que presentar unha pregunta como: “que teño que facer para saber determinados temas”, como poden ser as relacións comerciais dun porto, as relacións culturais ou como no caso do galeón de Ribadeo, como se construían os galeóns no século XVI. Cando xa tes acceso á documentación de todo o publicado previamente sobre o que queres investigar e sobre a zona de investigación onde queres actuar, podes presentar o proxecto.
Persistía a imaxe das malas condicións para conservación de patrimonio subacuático galego
-Como describes unha intervención arqueolóxica no mar?
Actualmente unha investigación estándar xa non implica un único investigador, non podes inciar unha campaña pola túa vontade. Hoxe debes contar co apoio de moitos profesionais, desde restauradores, estudosos dos ósos, restos animais, estudos da madeira e ceramólogos. Aí tes a tarefa de formar un equipo científico con todas as persoas que estean investigando o campo onde traballas ou campos con afinidade ao teu ou que o teu traballo lles aporte a eles máis coñecementos e información para as súas investigacións. Cando xa tes o teu proxecto definido e o equipo formado, xa podes presentar o documento ás administracións. A autoridade máis importante coa que debes contactar son os departamentos de Cultura. Neste caso a Xunta de Galicia, quen debe avalar a idoneidade científica da túa intervención arqueolóxica e a idoneidade do método que vas aplicar. A partir de aí hai outras autoridades que van desde a Armada e as Capitanías de Porto para ter permisos sectoriais para traballar. Son competencias sectoriais moitas veces.
-Existían reticencias políticas e burocráticas sobre a investigación subacuática.
Tivemos que demostrar que efectivamente en Galicia as condicións eran moi boas para realizar arqueoloxía submarina. Aínda así, durante anos a Xunta de Galicia foi refractaria á idea de que se fixese arqueoloxía subacuática, sempre se opuxo. Foi a partir do novo milenio cando caeron na conta da importancia desta disciplina e foi aí cando comezarona a apoiala. Tamén as universidades galegas non deron apoio ao principio.
A autoridade máis importante coa que debes contactar son os departamentos de Cultura
-Cal cre que era o motivo?
Descoñecemento, era algo que non entraba nos esquemas habituais da sociedade galega e española en xeral. Era unha actividade contemplada cunha aura de amateurismo, afeccionados ou diletantes por parte de autoridades e sociedade. Aínda queda algo desta visión, que a arqueoloxía submarina non é unha actividade científica.
-Isto está relacionado coa actividade de busca de pecios en augas do Caribe, pecios españois?
Esa era a visión que se tiña naquel momento desde as autoridades científicas e políticas. Iso freou a arqueoloxía submarina porque se tiña a visión de cazatesouros e afeccionados, todo sen vagaxe científica.
-Sobre a conferencia de Ribadeo, con que lle gustaría que quedase o público asistente?
En principio, o grande potencial subacuático de Galicia, non unicamente a ría de Ribadeo, falo de toda a costa atlántica e do seu patrimonio. Tamén o que vexan como se desenvolve unha busca arqueolóxica no mar, dar respostas a preguntas que facemos e o papel dos investigadores coma min en diferentes disciplinas que facilitaron este tipo de intervencións.
Aínda queda algo desa visión de que a arqueoloxía submarina non é unha actividade científica
-Á parte do galeón Santiago, sábese doutros pecios na ría?
Si, hai constancia tanto escrita e de achados de barcos no fondo, como son naos, urcas ou galeóns.
-Un galeón era un barco de liña?
Un buque de liña é un buque de combate, establecido nunha liña de batalla no mar. Non ten que ver cunha liña comercial. Si había galeóns que se dedicaban ao comercio. O caso do galeón Santiago é que foi construído como buque de combate na Armada. As condicións da súa fábrica testemuña isto, cunha selección de boa madeira, moi ben traballadas, era un buque moi forte e demostra que a intención era intervir na armada de Felipe II. Este barco fíxose en Nápoles que era territorio español en 1590. Despois construíanse onde era posible, onde houbese medios e necesidade de construílos. O barco navegou polo Mediterráneo occidental e o Atlántico.