InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo inicia as obras de mellora no cruzamento das...

O Concello de Ribadeo inicia as obras de mellora no cruzamento das Catro Calles

A concelleira de Obras, Mónica Freire, agarda que estean rematados a finais de novembro.

Publicada o

- Advertisement -

Comezan os traballos de mellora e de acondicionamento do cruce das Catro Calles. O investimento ascende a 23.000 euros. A concelleira de Obras, Mónica Freire, agarda que estean rematados a finais de novembro.

A edil ribadense explicou que As Catro Calles é “un espazo do cal somos conscientes de que está en mal estado de conservación e que resulta incluso perigoso para os viandantes”. Deste xeito o Concello de Ribadeo elaborou hai uns meses un proxecto para intervir neste punto e reconstruír e reparar esta zona con baldosa de granito gris e cuns grosores que non alteren a cota da rúa. “Así melloraremos a seguridade ao tempo que tamén o faremos coa estética desta parte tan central do conxunto histórico da vila” declarou Freire.

A concelleira de Obras subliñou que “o investimento supón un orzamento de máis de 23.000 euros e financiarase por parte do Concello de Ribadeo con fondos propios e tamén coa achega do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través do convenio asinado da Área de Rehabilitación Integral de Ribadeo”.

A concelleira de Obras dixo que “decidimos executar estas obras agora, despois do verán e antes do Nadal, para tentar molestar o menos posible tanto aos comercios como aos viandantes en xeral. Tamén estivemos a coordinar estas obras para facelas a continuación doutras, de mellora enerxética, que está realizando agora mesmo unha compañía eléctrica. Como sempre que se levan a cabo obras, a realización das mesmas supón, de xeito inevitable, unha serie de incomodidades e molestias temporais, que estamos seguros que a veciñanza saberá comprender e desculpar”.

E engadiu: “pretendemos que estas obras duren o menos posible e que estean rematadas a finais de novembro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...