InicioOrientalRibadeoRibadeo reparte 300 botes de desinfectante entre propietarios de cans para os...

Ribadeo reparte 300 botes de desinfectante entre propietarios de cans para os ouriñes

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo reparte, de xeito gratuíto, outros 300 botes de produto desinfectante entre os propietarios dos cans. O obxectivo é conciencialos da obriga de limpar os ouriñes das mascotas, algo que recolle a nova ordenanza de limpeza viaria e xestión de residuos.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, declarou que “unha das obrigas da ordenanza é levar un bote para as miccións dos cans para usar nas entradas dos edificios e das casas, cuxas paredes se ven afectadas”. Haberá que usar un recipiente cun líquido desinfectante ou cunha pinga de lixivia para que os ouriñes se dilúan. “Aprobamos unha partida económica para a adquisición dos 300 botes cos que agasallaremos a aqueles que o soliciten”, declarou Díaz.

O edil ribadense subliñou que “esta é unha ordenanza que regula e que axuda a manter a vila nas mellores condicións. Temos varios expedientes sancionadores en marcha, que afectan a particulares e empresas, debido a certos comportamentos incívicos detectados”.

O Concello de Ribadeo xa repartiu o pasado mes de marzo outros 500 botes de desinfectante entre os propietarios e propietarias de cans. A nova partida xa está a disposición dos interesados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...