Iniciosociedade"Tapeando con ACISA" por Ribadeo para percorrer a hostalaría local

“Tapeando con ACISA” por Ribadeo para percorrer a hostalaría local

Participarán dezaseis establecementos de Ribadeo e cada un deles ofrecerá unha tapa distinta especial cada día.

Publicada o

- Advertisement -

Do 5 a o 9 de novembro celebrarase a campaña Tapeando con Acisa. Trátase dunha nova iniciativa ideada pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para o sector hostaleiro na que se darán cita 16 establecementos asociados, que ofrecerán as súas orixinais preparacións durante 5 días.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “cada establecemento ofrecerá todos os días unha tapa especial. As tapas terán un prezo que oscilará entre 1 e 3 euros, cada local fixou o seu prezo”. Os diferentes locais xa contan con dípticos para ofrecer todos os datos das tapas que se van ofertar, os nomes das tapas, horarios de servizo e se hai opción de levar para casa. “A campaña estará a nosa web e nas redes socias”.

Francisco Iriarte, presidente de Acisa, dixo que “quixemos darlle total liberdade aos participantes establecendo prezos, días de participación e tipo de tapa a ofrecer, co fin de que esta campaña responda o mellor posible ás necesidades e criterios de cada un deles”.

En Tapeando con Acisa participan 16 locais: La Bugalla, Rosalar, O Alen, O Indiano, O Lar de Manolo, Goiás, Queimada, Galipizza, Delicates, Mareta, El Rincón del Gordo, La Lira, La Solana, O Xantar de Pazos, La Quinta y La Botellería.

Iriarte Quintana manifestou que “traballamos dende hai un tempo en organizar unha actividade deste tipo que ven sendo solicitada pola hostalería en moitas ocasións”. Así despois de saír da emerxencia sanitaria e recuperar os aforos e as barras ACISA considerou que era o mellor momento para facelo. “Cremos que pode ser unha boa forma de dinamizar uns días deste mes de novembro, creando así unha oferta de ocio gastronómico e dándolle aos veciños e veciñas da vila e dos arredores unha boa razón para animarse a saír por Ribadeo”.

DOAZÓN A LA PALMA

Acisa Ribadeo realizou hoxe a transferencia en beneficio do Cabido de La Palma, por un importe de algo mais de 2.600 euros, cantidade que foi recadada ao longo do pasado mes de outubro.

Desde as 10 asociacións organizadoras séntense satisfeitos, xa que calquera pequena axuda, vai ser ben recibida alí. E subliñan que a conta quedará un tempo aberta por se alguén se anima a doar o longo de novembro.

DIAS AZUIS

Acisa Ribadeo únese á campaña Días Azuis do Comercio Galego, que se celebra ata o vindeiro 20 de novembro. Aquelas persoas que rexistren as súas compras na web www.diasazuis.com entrarán no sorteo de 14.000 euros repartidos en 32 tarxetas de 250 euros e 40 tarxetas de 150 euros. Son válidas todas as compras realizadas no comercio local.

Acisa súmase a esta campaña para animar en novembro ás “persoas que compren no comercio ribadense” ademais poidan levar un desconto para combustible en Gasolineira Valcarce, poderán facerse coas panchas (a moeda local) e levar 40 panchas por 30 euros para consumir na hostalería ou no comercio locais. Á parte, poderán tapear do 5 ao 9 e nunhas semanas chegará o Black Friday con descontos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...