InicioSucesosUn detido en Ribadeo por agredir a outra persoa debido a unha...

Un detido en Ribadeo por agredir a outra persoa debido a unha dose de droga

A persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade lucense de Ribadeo de 44 anos de idade como presunto autor dun delito de lesións a outra persoa debido a unha dose de droga.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar tras unha discusión entre vítima e agresor por unha dose de droga, na que a vítima ameazou ao detido se non aparecía a sustancia, e este agrediuno. Por iso, a persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigado un veciño de Abadín  de 27 anos de idade como presunto autor dun delito de lesións.

Os feitos sucederon durante a madrugada do pasado 11 de xullo, cando a vítima se atopaba en compañía duns amigos e observou a un deles mantendo unha disputa cun terceiro e, cando se dirixiu a mediar entre ambos para que non pelexasen, a persoa investigada fracturoulle os ósos do nariz, polo que foi trasladado a un hospital de Lugo onde o operaron e permaneceu hospitalizado.

Ademais, a Benemérita detivo no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro a un veciño de León de 41 anos de idade, ao cal lle consta unha requisitoria xudicial en vigor de procura, arresto e ingreso en prisión ditada polo Xulgado do Penal número 1 de León. A persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...