InicioOrientalRibadeoAdxudicadas as obras para as melloras na escola municipal de Covelas en...

Adxudicadas as obras para as melloras na escola municipal de Covelas en Ribadeo

O orzamento investido é de 46.600 euros para a mellora e recuperar o centro para actividades sociais.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello adxudicoulle as obras de mellora da Escola Municipal de Covelas á empresa Construcciones López Tella. O investimento ascende a 46.600 euros. Os traballos, que xa deron comezo, foron supervisados polo alcalde, Fernando Suárez, e polos concelleiros de Obras e Medio Rural, Mónica Freire e Marcos Villamil.

O edil ribadense contou que “hai uns días que adxudicamos as obras de mellora para facer o cambio da carpintería de exteriores para mellorar o illamento térmico, sanear e recuperar as cornixas do edificio”. Ademais engadirase a dotación dun novo pavimento antiesvaradizo no perímetro exterior da Escola, melloras na electricidade e iluminación, pintura exterior e interior así como a dotación de mobiliario.

Marcos Villamil engadiu “esperemos que dentro de pouco tempo esta vella Escola luza como se fose unha nova para seguir planificando actuacións de índole educativa, cultural ou de lecer”. Villamil apuntou tamén ir logrando que a cidadanía volva recuperar o contacto que todos perdemos durante a pandemia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...