O Concello de Ribadeo cambiou a iluminación do pavillón de Alfredo Deaño. O investimento ascendeu a 2.000 euros. Os 24 focos de 400 vatios cos que contaba a instalación foron cambiados por outras 24 luminarias led de 100 vatios. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, subliña o aforro económico e enerxético que vai supoñer esta mellora.
O edil ribadense explicou que “procedemos ao cambio da iluminación principal do pavillón pequeno de Alfredo Deaño, da iluminación da pista. Componse de 24 focos que estaban anticuados e eran de 400 vatios, entón consumían bastante e ao longo do tempo fóronse fundindo e deteriorando”.
Jorge Díaz Freije dixo que mm O concelleiro sinalou tamén que se trata dun compoñente máis para o aforro tanto enerxético como económico para o Concello, pois é menos da metade de potencia necesaria para alumear o pavillón. O importe total destas luminarias está arredor dos 2.000 euros.