InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo envía unha carta ao conselleiro de Sanidade pedindo...

O alcalde de Ribadeo envía unha carta ao conselleiro de Sanidade pedindo máis investimento para o centro de saúde

Ademais de aumentar a superficie do centro, Fernando Suárez reclama a Julio García Comesaña o reforzo do actual cadro de persoal sanitario na localidade.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, remitiulle unha carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García, referente ao centro de saúde de Ribadeo. O rexedor asegura que o Concello na actualidade non posúe unha parcela en solo urbano de cando menos 2.565 metros cadrados para levantar unha nova instalación. E subliña que “iso non significa que non asumamos ese compromiso recíproco de estar á vosa disposición para cumprir coa vosa petición, sempre que sexa economicamente viable e tecnicamente posible”.

Suárez Barcia demanda reforzos de persoal para o centro de saúde de Ribadeo, que ten menos profesionais agora que hai dez anos, e tamén que se valore redeseñar o edificio actual, xa que conta con amplos espazos baleiros e mal aproveitados.

O alcalde dixo que se lle enviou ao conselleiro esta carta porque xa se leva demandando formalmente “a reversión dos recortes que desde a Consellería viñeron facendo nestes últimos anos en materia de persoal sanitario”. O cadro de persoal médico quedou reducido nun 50 por cento que pasou de 6 a 3 facultativos actualmente, “os cales de xeito puntual son reforzados con outra profesional do PAC”.

Suárez Barcia sinalou que no tocante á propia infraestrutura do edificio actual, o alcalde destaca a inmellorable situación, no corazón da vila, que é facilmente accesible a pé e máis en coche. Pola contra, “tamén ten deficiencias e están á vista, pois necesita un novo deseño xa que ten amplos espazos baleiros e mal aproveitados, ademais de adoecer de algo fundamental como accesos independentes ás consultas e ao Punto de Atención Continuada (PAC)“.

Na carta dirixida ao conselleiro de Sanidade Fernando Suárez indicou que o Concello de Ribadeo actualmente non posúe unha parcela en solo urbano para as obras de mellora. Así e todo, iso non significa “que non asumamos o compromiso recíproco de intentar cumprir coa petición que eles nos fan, sempre que sexa economicamente viable e tecnicamente posible”.

Por último, Suárez engadiu “pero en todo caso o que plantexamos é ter unha xuntanza cos técnicos da Consellería de Sanidade xunto cos técnicos municipais para avanzar no diálogo e no compromiso noso, desde logo, de buscar unha solución satisfactoria para a mellora do Centro de Saúde de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...