InicioOrientalRibadeoElaboración de xabón artesán dentro do plan de formación rural en Ribadelo

Elaboración de xabón artesán dentro do plan de formación rural en Ribadelo

Todas as actividades deste plan son gratuítas.

Publicada o

- Advertisement -

Segue hoxe o plan de formación rural, organizado polo Concello de Ribadeo, cun curso de elaboración de xabón. Estase a desenvolver na Escola de Vilaselán desde as dez da mañá ata as sete da tarde cunha importante asistencia de participantes.

O plan de formación rural deu comezo o pasado 23 de outubro cun curso de elaboración de pan, segue hoxe co de xabón e continuará con outro de elaboración de cervexa o 20 de novembro na escola de Ove.

Xa no mes de decembro terán lugar unhas xornadas de cosmética natural o día 4 en Vilaframil e un curso para a elaboración de queixos os días 11 e 12 na escola de Remourelle. Todas estas actividades, que tan boa acollida están a ter, son gratuítas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...