InicioEconomíaO Concello de Ribadeo apoia a folga do 17 de novembro e...

O Concello de Ribadeo apoia a folga do 17 de novembro e anima a participar nela

A concelleira de Servizos Sociais e Obras, Mónica Freire, manifestou que “o Concello de Ribadeo apoia a convocatoria de folga xeral deste mércores, 17 de novembro, na Mariña para a defensa do futuro da nosa comarca".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo apoia a convocatoria de folga xeral, que terá lugar mañá na comarca da Mariña e anima a participar na xornada.

A concelleira de Servizos Sociais e Obras, Mónica Freire, manifestou que “o Concello de Ribadeo apoia a convocatoria de folga xeral deste mércores, 17 de novembro, na Mariña para a defensa do futuro da nosa comarca”.

Freire engadiu que “sabemos que a situación na Mariña desde hai un tempo é moi delicada debido á incerteza que temos polos anuncios de peche tanto de Alcoa como de Vestas, peches que afectarán tanto indirecta como directamente a moita da nosa veciñanza”.

A edil nacionalista dixo: “sabemos que a mobilización social é necesaria para garantir o compromiso de que os gobernos atendan as demandas da nosa comarca”.

Freire Rancaño engadiu: “tamén sabemos que a folga é unha decisión voluntaria e persoal, mais desde o equipo de goberno do Concello de Ribadeo animamos a participar na xornada de folga xeral deste mércores, 17 de novembro, e a evitar ás veciñas e aos veciños a realización de trámites non urxentes para poder secundar este día de folga”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...