InicioOrientalRibadeoComeza o programa 'Imos Andar' en Ribadeo para os martes e os...

Comeza o programa ‘Imos Andar’ en Ribadeo para os martes e os xoves

O edil de Deportes dixo que “estes paseos son bos ademais de por saúde tamén por interacción social porque a xente vai charlando á vez que vai andando".

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, fai unha valoración moi positiva do programa Imos Andar que arrincou hoxe e que terá lugar os martes e xoves, ás dez menos cuarto da mañá, con saída desde a praza de abastos. O edil destacou a acollida na que hoxe participaron unhas corenta persoas que percorreron a parroquia de Ove.

Jorge Díaz subliñou que “Imos Andar tivo moi boa acollida. Houbo unhas corenta persoas que viñeron desfrutar dunha paisaxe moi entrañable cunhas vistas moi atractivas xa que fomos ata o Campín de Ove”. Nesta andaina participou xente de todas as idades, con máis mulleres que homes.

O edil de Deportes dixo que “estes paseos son bos ademais de por saúde tamén por interacción social porque a xente vai charlando á vez que vai andando. Faise unha socialización moito máis diversa porque tamén hai persoas de todas as idades”.

A vindeira andaina será este xoves con saída desde a praza de abastos ás 9:45 horas. Recoméndase estar xa por alí ás nove media da mañá para comezar a actividade con puntualidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...