ACISA Ribadeo presenta as novas bolsas para os seus asociados da hostalaría e o comercio

Nesta ocasión investíronse case 12.000 euros do convenio do Concello de Ribadeo a este fin, podendo así adquirir mais de 30.000 unidades, a cifra máis alta dos últimos anos.


Acisa presenta as súas novas bolsas. Trátase dun paquete de 30.000 unidades, que están dispoñibles para o comercio e para a hostalaría asociados. Esta iniciativa realízase coa colaboración do Concello de Ribadeo. Nesta ocasión preséntanse en tres formatos; un para o comercio de tamaño mediano e bolsas para botellas de viño e comida para levar para a hostalaría.

O xerete de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “como adoitamos facer polo Nadal este ano tamén entregaremos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e asociadas”. Nesta ocasión investíronse case 12.000 euros do convenio do Concello de Ribadeo a este fin, podendo así adquirir mais de 30.000 unidades, a cifra máis alta dos últimos anos.

Pérez Prada sinalou que “deste xeito respondemos ás necesidades dos nosos asociados, que diariamente no comercio veñen utilizando as bolsas que dende Acisa lles proporcionamos de forma gratuíta”. No caso da hostalaría dase resposta ás peticións feitas este ano, a bolsa de comida para levar, servizo que con mor da pandemia, está en alza.

Carmen Cruzado, vogal da directiva de Acisa, explicou que “O deseño tamén é renovado. Utilizamos en primeiro lugar a nova imaxe corporativa e turística de Acisa, que comparten coa nova sinalización comercial da vila, no que se debuxa o noso SkyLine”.  O xerente de Acisa subliñou que “aqueles asociados e asociadas que fixeron os pedidos das súas bolsas poderán dende o vindeiro martes, 23 de novembro, comezar a recóllelas nas oficinas de Acisa, na rúa San Roque, 57-baixo, de 9:30 a 14:30 horas”.

Jesús Pérez engadiu que o luns comeza a fase final do proxecto de sinalizacion comercial de Ribadeo. Os traballos durarán aproximadamente unha semana, e para o luns seguinte comezarán a colocarse os novos. Estes traballos implican retirar os ferros que están nas fachadas e volvelos a colocar. As novas bolsas de Acisa foron presentadas hoxe por Jesús Pérez, por Carmen Cruzado e polo concelleiro de Comercio e Turismo, Pablo Vizoso.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here