InicioOrientalRibadeoA campaña do 25N en Ribadeo contra a violencia de xénero céntrase...

A campaña do 25N en Ribadeo contra a violencia de xénero céntrase na mocidade

A concelleira de Igualdade explicou que “como ven sendo habitual no Concello de Ribadeo todas as actividades ensambladas dentro do ámbito da igualdade, da sensibilización e da loita contra a violencia de xénero están realizadas en estreita colaboración cos centros educativos do noso concello".

Publicada o

- Advertisement -

A campaña do 25N deste ano do Concello de Ribadeo foi deseñada dentro da Mesa Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Está centrada na mocidade e protagonizada polos centros de ensino. Denomínase “Calar non é amar. Ti, dona de ti” e foi presentada no salón de plenos.

O resultado do traballo realizado polo estudantado ribadense darase a coñecer o vindeiro xoves, 25 de novembro, ás oito da tarde no Cine Teatro. Mariluz Álvarez, a concelleira de Igualdade, convida á veciñanza a asistir a este acto.

A edil ribadense dixo que “dende a Concellaría de Igualdade presentamos a campaña deste ano do 25 de novembro, que foi deseñada dentro da Mesa Institucional contra a Violencia de Xénero“. Esta vez céntrase na mocidade que é protagonista proactiva en contra da violencia de xénero. Por outra parte, a imaxe gráfica desta campaña foi deseñada por Lucía Miranda Santamarina, unha alumna de primeiro de bacharelato do IES Dionisio Gamallo.

A concelleira de Igualdade explicou que “todas as actividades que se van facer neste 25 de novembro participan nela todos os centros educativos, o CEIP Gregorio Sanz, o colexio Sagrado Corazón de Xesús, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, o CIFP Porta de Auga e tamén a Escola Oficial de Idiomas”.

Álvarez Lastra manifestou que “desta vez a mocidade, como usuaria das redes sociais, deu un paso ao fronte e utilizou as ferramentas de TikTok e Instagram dun xeito responsable e comprometido contra a violencia de xénero”.

A concelleira ribadense engadiu que ademais do día 25, que centra a campaña internacional contra a violencia de xénero, haberá unha charla o luns 22 ofrecida pola Secretaría Xeral de Igualdade, no Cine Teatro, ás oito da tarde, que vai abordar as agresións sexuais e a violencia sexual.

O acto de presentación da campaña tivo lugar no salón de plenos de Concello e á mesma asistiron representantes da Mesa Interinstitucional contra a Violencia de Xénero así coma os concelleiros de Igualdade, Servizos Sociais, Medio Ambiente e Desenvolvemento Local, Mariluz Álvarez, Mónica Freire, Jorge Díaz e Pablo Vizoso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...