InicioDeportesRibadeo prepara as solicitudes de subvencións para eventos deportivos deste ano

Ribadeo prepara as solicitudes de subvencións para eventos deportivos deste ano

O prazo estará aberto ata o 1 de decembro o prazo de solicitude de subvencións por concorrencia para eventos deportivos celebrados neste ano, cun importe de 5.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo ten aberto ata o 1 de decembro o prazo de solicitude de subvencións por concorrencia para eventos deportivos celebrados neste ano, cun importe de 5.000 euros. Anunciouno hoxe, luns, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, quen ademais fai un balance positivo deste 2021 tanto no ámbito deportivo como no terreo das axudas económicas destinadas aos clubs.

A Concellaría de Deportes de Ribadeo fai un balance do 2021 moi positivo no ámbito deportivo tendo en conta as circunstancias pandémicas e as axudas económicas. Díaz apuntou que se ingresou aos clubs deportivos “unha suma moi notable, que proviña de exercicios anteriores, que por diversos desaxustes administrativos se foron retrasando pero non esquecendo; de feito hoxe estamos ao día“. A contía total devolta é de 78.698 euros.

O edil de Deportes ribadense engadiu: “acábase de publicar no BOP a convocatoria das subvencións por concorrencia 2021 e hai 15 días naturais para presentar as solicitudes dende o día seguinte da súa publicación, que foi o 16 deste mes“. Desta maneira o prazo finaliza o día 1 de decembro. O importe desta bolsa enfocada a eventos deportivos que se celebraron ao longo deste ano como torneos e outras actividades deportivas do 2021, é de 5.000 euros.

Por todo isto Jorge Díaz comentou que “este balance parécenos notablemente favorable para fornecer economicamente a estrutura deportiva do noso concello e para seguir apostando polo deporte base en Ribadeo”. Díaz describiu o deporte base como unha columna vertebral formada por clubs máis as instalacións e o aporte económico do Concello e outras achegas que son benvidas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...