Corenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofreceran interesantes promocións e descontos durante o Black Friday do 26 ao 28 de novembro.
O presidente de ACISA, Francisco Iriarte, explicou que “como ben sendo habitual Acisa celebra o Black Friday, con grandes descontos e con participantes de moitos sectores. Estes descontos e promocións estamos seguros de que chamarán a atención dos clientes e farán que desfruten do Black Friday no comercio da nosa vila”.
Iriarte quixo recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, e máis nun ano coma este “onde se está a ver como os pedidos en grandes plataformas chegan tarde ou non chegan e tamén estamos a ver como se multiplican as estafas”.
Iriarte Quintana dixo que “como ven sendo habitual desde a asociación sacámoslle proveito aos domingos, xa que en moitos sitios esa xornada xa non se celebra o Black Friday por que non se abre, pero en Ribadeo si”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “facémolo todos os anos, pero neste Black Friday queremos animar á xente especialmente a que faga as súas compras no comercio de Ribadeo”. Pérez recordou tamén que toda a información detallada das ofertas se pode “encontrar na nosa web www.acisaribadeo.es ou no noso facebook. Hay grandes ofertas que non merece a pena perder”.