InicioOrientalRibadeoRibadeo celebrou o 25N con vídeos dos centros educativos e teatro

Ribadeo celebrou o 25N con vídeos dos centros educativos e teatro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo celebrou o 25N cun acto no Cine Teatro A mocidade proactiva contra a violencia de xénero. Proxectáronse os vídeos elaborados polos centros de ensino, houbo unha representación teatral e gardouse un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero.

O evento foi presentado pola concelleira de Igualdade, Mari Luz Álvarez Lastra, que falou de como a violencia contra as mulleres é un dos principais problemas da nosa sociedade. Álvarez remarcou a violencia vicaria como aquela exercida sobre as mulleres co fin de causarlle o maior dano psicolóxico a través do homicidio, asasinato ou outra forma de violencia dos seus seres queridos.

No acto resaltouse a importancia de evitar a vitimización secundaria para conseguir que non se sintan soas e non se desalenten á hora de iniciar accións encamiñadas a poñer fin á situación de violencia. Nos últimos anos proliferaron os casos de violencia de xénero, xogando un papel moi importante o uso das redes sociais. Precisamente, este ano o traballo colaborativo e proactivo realizado pola mocidade nos centros educativos de Ribadeo reflicte que tamén as redes sociais se poden empregar dun xeito responsable e comprometido contra a violencia de xénero.

A continuación foi explicado o significado do cartel deste ano no que aparece o lema Calar non e amar. Ti dona de ti, que foi deseñada por Lucía Miranda Santamarina, alumna de 1º de bacharelato do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Despois interviñeron os presentadores dos diferentes centros de ensino de Ribadeo que daban paso aos vídeos elaborados por eles.

En primeiro lugar proxectáronse os Tik- Toks contra a violencia de xénero a cargo do CPR Sagrado Corazón e o IES de Ribadeo. Logo tocoulle a quenda ao CIFP Porta de Auga cos seus vídeos de Instagram e á EOI de Ribadeo con vídeos gravados nos distintos idiomas que se imparten no seu centro. Co nome de Historietas contra a violencia de xénero tamén se visualizaron os cómics, que segundo indicou a concelleira Igualdade, serán proximamente editados.

Por último, mostrouse como a rapazada menor de 14 anos dos centros de ensino Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, empregou outros recursos gráficos facendo uns bonitos imáns para dar a súa propia visión sobre a violencia de xénero. Finalizou o acto cunha representación teatral, A historia de Pepa e Pepe, que escenifica a escaleira deste tipo de violencia, e cun minuto de silencio polas vítimas de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...