InicioOrientalRibadeoAs escolas deportivas de Ribadeo retoman a súa actividade despois da parada...

As escolas deportivas de Ribadeo retoman a súa actividade despois da parada pola COVID

"Estamos rematando o 2021 con boas expectativas xa que volven as escolas deportivas e estamos ao día tras esas débedas que tiñamos cos clubs”, declarou o concelleiro Jorge Díaz.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo asinou hoxe os convenios cos clubs locais para o desenvolvemento das escolas deportivas municipais. Preto do 50% das nenas e dos nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos acoden ás devanditas escolas. Son dez as modalidades que se imparten tras o parón ocasionado o pasado ano pola pandemia.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, manifestou que “damos comezo este ano de novo ás escolas deportivas. Hai dez clubs de todos os ámbitos, pádel, natación, fútbol, baloncesto, hockey, atletismo, fútbol sala, temos un pouco de todo“. Díaz declarou que hai unhas semanas tamén se actualizaron os pagos pendentes de varias anualidades de diferentes subvencións tanto de eventos como competitivas. “Estamos rematando o 2021 con boas expectativas xa que volven as escolas deportivas e estamos ao día tras esas débedas que tiñamos cos clubs”.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, subliñou que “queremos ofrecer aos nenos e ás nenas do noso concello, entre 4 e 14 anos e durante o curso escolar darlles a posibilidade a máis de 400 rapaces e rapazas da vila e das parroquias que poden participar nalgunha destas especialidades”.

Suárez Barcia engadiu que este apoio económico non sería nada “se non temos aos diferentes clubs para que poñan a cara para que todos os rapaces e rapazas poidan ter esta oportunidade diversa de escoller calquera destas especialidades”.

O custe anual por neno ou nena de cada escola deportiva é de 60 euros, “de aí que isto lle supoña un déficit de 25.000 euros ao Concello de Ribadeo, xa que o custe total destas actividades para o presente curso ascende a 50.000 euros”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...