InicioOrientalRibadeoFinalizan os obradoiros de queixo en centros de ensino en Ribadeo aínda...

Finalizan os obradoiros de queixo en centros de ensino en Ribadeo aínda que volverán despois do Nadal

O alcalde Fernando Suárez, apuntou o notable éxito co que se foron desenvolvendo estes obradoiros que fomos organizados desde o Concello cos colexios e cos aproximadamente 50 nenos e nenas, "que durante estas xornadas estiveron aprendendo, da man dos profesionais que traballan en Pedro Murias, como se fan os queixos".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, subliña o éxito dos obradoiros de elaboración de queixo que foron impartidos durante tres xornadas na Escola Pedro Murias para un grupo de 50 nenas e de nenos do Ceip Gregorio Sanz co obxectivo de achegalos ao sector primario. A actividade foi organizada polo Concello, que á volta das vacacións de Nadal retomará estes obradoiros aos que se poden anotar os centros de ensino que o desexen.

Fernando Suárez apuntou o notable éxito co que se foron desenvolvendo estes obradoiros que fomos organizados desde o Concello cos colexios e cos aproximadamente 50 nenos e nenas, “que durante estas xornadas estiveron aprendendo, da man dos profesionais que traballan en Pedro Murias, como se fan os queixos”. Para o alcalde esta é unha maneira de achegarse ao sector primario e a procesos que son descoñecidos “pero que deberan ser tan naturais, pero realmente non o son a día de hoxe”.

Fernando Suárez sinalou que “ademais isto danos moita ansia porque sabemos que se foi propagando a idea e outros nenos e nenas tamén queren vir a estes cursos, polo que vamos promover outra serie deles á volta do Nadal“. Desta maneira outros nenos e nenas, tamén poderán aproveitar as instalacións de Pedro Murias.

Suárez lembrou que o Concello de Ribadeo forma parte dun padroado da Fundación Pedro Murias, que está caducado desde hai un tempo, “aínda que desde hai varios anos lle estamos indicando á Consellería de Medio Rural a necesidade de traballar en conxunto para facer moitas cousas que se poden levar a cabo neste centro educativo”.

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...