InicioOrientalRibadeoPortos de Galicia venderá cinco embarcacións abandonadas nos portos de Ribadeo e...

Portos de Galicia venderá cinco embarcacións abandonadas nos portos de Ribadeo e Burela

Hai fuerabordas, veleiros e barcos de recreo.

Publicada o

- Advertisement -

Portos de Galicia sacou á venda nove embarcacións, ás que se sumarán outras tres proximamente, que se atopan abandonadas en peiraos galegos. Segundo explican por parte de Portos de Galicia, trátase de embarcacións deportivas que foron incautadas ao atoparse en “situación irregular” por abandono.

Todos os casos correspóndense con barcos peritados nun valor de menos de 6.000 euros, polo que a lei permite someter estes bens a este procedemento que é similar a unha poxa, salvo que neste caso pódense presentar ofertas pero non existe obrigación por parte de Portos de vendelas se a cantidade non se considera adecuada.

En concreto, o nove barcos que xa están á venda e polos que se poden realizar ofertas atópanse nas provincias de Lugo e Pontevedra. Son cinco embarcacións na provincia de Lugo: tres depositadas no porto seco de Ribadeo e dous no de Burela. O prazo de presentación de ofertas finaliza o 17 de xaneiro de 2022.

Entre estes barcos, hai desde unha fueraborda de 1989 –taxada nun prezo mínimo de 658 euros–, pasando por un veleiro de 1982 –4.054 euros–, ata un barco de recreo de 2009 –cun valor de saída superior aos 5.000 euros–.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...