InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo recibe o accésit honorífico na entrega dos Premios Nacionais de...

ACISA Ribadeo recibe o accésit honorífico na entrega dos Premios Nacionais de Comercio Interior 2021

O xerente de Acisa engadiu que "este premio recoñece o traballo dos últimos cinco anos, realizado pola xerencia e pola directiva á fronte, onde crecemos en número de socios",

Publicada o

Acisa Ribadeo recibiu este xoves o accésit de carácter honorífico na categoría de Centros Comerciais Abertos nos Premios Nacionais de Comercio Interior 2021. O acto tivo lugar no Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e a el asistiu en representación da asociación o seu xerente, Jesús Pérez.
Pérez Prada sinalou que para Acisa é un orgullo recibir esta mención especial, pola que o Goberno recoñece o asociacionismo comercial, orientado á promoción dos Centros Comerciais Abertos ( CCA), a potenciación e o desenvolvemento dos seus órganos xerenciais. Pérez engade que é un orgullo que o presidente, Francisco Iriarte, e a directiva no seu conxunto lle permitiran recoller o diploma, pois significa moito como recoñecemento a 5 anos de traballo á fronte da xerencia.
Jesús Pérez dixo que cando a directiva decidiu presentarse non tiñan ningunha esperanza pois sabían que competían con todas as asociacións e federacións de comerciantes que se presentaban de España. Pérez destacou que é a primeira vez que Acisa Ribadeo se presenta a estes premios “cun proxecto de 200 páxinas nas que explicamos o labor realizado nos últimos 5 anos, o cal para esta directiva é un orgullo tremendo. A primeira vez e mención honorifica”.
O xerente de Acisa engadiu que “este premio recoñece o traballo dos últimos cinco anos, realizado pola xerencia e pola directiva á fronte, onde crecemos en número de socios”,
Desde Ribadeo o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, manifestou que “me gustaría destacar que se premia o período no que Jesús Pérez estivo á fronte da xerencia, por iso quero darlle a el o parabén, así como a Elena que o acompañou boa parte deste duro ano e do anterior, e aos meus compañeiros de xunta, que sen a súa compañía, apoio e consellos, non conseguiriamos chegar ata aquí”.
O xerente, Jesús Pérez, tivo palabras de agradecemento para a directiva “este traballo desenvolvido desde a oficina e xerencia de Acisa nunca sería nada sen a confianza da xunta directiva, que tivo que afrontar situacións moi complexas, e por suposto nada, absolutamente nada, sería posible sen cada un dos socios e socias que executan e fan viables as campañas que programamos, os servizos que prestamos e todo o que lles ofrecemos”.
Iriarte Quintana concluíu que “as nosas socias e socios teñen que estar orgullosos, xa que ser un referente nacional no ámbito do comercio non é fácil”. No acto de entrega dos premios Acisa Ribadeo presentou tamén o novo anuncio publicitario, que a través do ministerio e de Acisa promocionará á asociación e a Ribadeo a nivel nacional.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...