InicioOrientalRibadeoRibadeo comeza a reposición de árbores que faltaban en diferentes lugares da...

Ribadeo comeza a reposición de árbores que faltaban en diferentes lugares da vila

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez engadiu que tamén "iremos substituíndo aqueloutras que tamén están en mal estado ou simplemente non están, no resto da vila”.

Publicada o

- Advertisement -

A brigada de Medio Ambiente do Concello procede estes días a repoñer moitas das árbores que faltaban en diferentes puntos da vila. Os traballos estanse a centrar inicialmente no paseo marítimo Alfonso Rodríguez Castelao.

O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “estamos repoñendo moitas das árbores que faltaban en diferentes puntos da vila,algunhas por motivos vandálicos, outras por accidentes provocados por malos estacionamentos, e outras pois pola propia natureza”.

O rexedor dixo que “agora estamos centrándonos no paseo Marítimo Alfonso Rodríguez Castelao en repoñer os Tamarix Gallica que estaban secos, substituíndoos por outros da mesma especia especie. Están sendo protexidos con titores e cinta de caucho e tamén se aproveita para facer traballos de mantemento nos seus arredores”.

Suárez Barcia engadiu: “e así deste xeito iremos substituíndo aqueloutras que tamén se atopan en mal estado ou simplemente non están, no resto da vila”.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...