InicioOrientalRibadeoOs orzamentos de Ribadeo para 2022 non teñen previsto subir impostos ou...

Os orzamentos de Ribadeo para 2022 non teñen previsto subir impostos ou taxas

O concelleiro Pablo Vizoso sinalou que “outra característica dos orzamentos é que se consegue chegar a estas magnitudes sen subir os impostos nin as taxas e sen incrementar o nivel de débeda do Concello, que nada ten que ver coa existente hai algúns anos e que condicionaban o seu día a día”.

Publicada o

- Advertisement -

No pleno extraordinario celebrado onte no Concello de Ribadeo foron aprobados os orzamentos de 2022 que ascenden a case 10 millóns de euros. O concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, subliñou que contemplan un elevado nivel de actividades e inversións sen subir impostos nin taxas e sen incrementar a débeda.

O edil ribadense dixo que “son uns orzamentos que ascenden a case 10.000.000 de euros para manter e mellorar o elevado nivel de actividades e de investimentos no noso concello”. Os investimentos realizaranse en reposición de rúas e camiños, saneamentos, investimentos en instalacións deportivas e en locais sociais, melloras enerxéticas, adquisición de terreos, apoio a asociacións de carácter cultural, deportivo ou asistencial, medidas e actividades de apoio ao comercio local e actuacións de protección social.

Os orzamentos inclúen a suba salarial do persoal público e unha aposta moi forte polo investimento, xa que tendo en conta o proxectado para o ano 2022 para obras ou equipamentos e máis o que se está licitando nestas semanas para iniciar a súa execución dende primeiros do vindeiro ano, como é a senda ciclable ou as pistas multideporte, suman xa máis de 2.000.000 de euros nesta partida.

Pablo Vizoso sinalou que “outra característica dos orzamentos é que se consegue chegar a estas magnitudes sen subir os impostos nin as taxas e sen incrementar o nivel de débeda do Concello, que nada ten que ver coa existente hai algúns anos e que condicionaban o seu día a día”.

O concelleiro de Economía contou que “por parte da oposición, concretamente o voceiro do PP, cualificou estes orzamentos de continuistas; e teño que dicirlle que é certo que o son, porque con moito orgullo continuamos incrementando o investimento“. Vizoso engadiu que “foi necesario lembrarlle que, sobre o investimento no hospital asilo, o Concello mantén reservados exclusivamente para este fin os fondos da herdanza do doutor Moreda”. Por outra parte, o concelleiro recordou que con outros posibles recursos atenderase esta importante reforma e adaptación do edificio e que é precisamente nos orzamentos da Xunta “onde non figura nin un só euro para esta actuación a pesares de que se trata dunha competencia exclusivamente autonómica”.

Vizoso Galdo engadiu que “de forma semellante, sobre o anuncio dun centro de saúde para Ribadeo respondémoslle que os orzamentos recollen necesaria e obrigatoriamente investimentos certos e comprometidos e non simplemente ideas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...