InicioOrientalRibadeoCampaña Co-Educa Xogando para romper estereotipos sexistas asociados aos xoguetes

Campaña Co-Educa Xogando para romper estereotipos sexistas asociados aos xoguetes

Desde o CIM sinalan: “queremos lembrar a importancia na elección dos xoguetes coa campaña Co-educando xogando, dirixida tanto ao público en xeral como ao ámbito educativo máis directamente".

Publicada o

- Advertisement -

O CIM pon en marcha un ano máis a campaña Co-educa xogando para concienciar sobre a necesidade de romper cos estereotipos sexistas asociados a determinados xoguetes, cores e actividades.

Desde o CIM sinalan: “queremos lembrar a importancia na elección dos xoguetes coa campaña Co-educando xogando, dirixida tanto ao público en xeral como ao ámbito educativo máis directamente, orientada a concienciar sobre a necesidade de romper cos estereotipos sexistas asociados a determinados xoguetes, cores e actividades”.

Tamén o CIM sinala que haberá unha guía á hora de adquirir xoguetes para os nenos e nenas e por iso se presenta un decálogo útil para esta tarefa. Entre os diferentes puntos do decálogo está que o xoguete debe pode ser utilizado por nenas ou por nenos indistintamente, non hai xoguetes de nenas e nenos. Ademais de romper cos estereotipos sexistas asociados a determinadas cores. Por outra parte tentar elixir xoguetes que reflictan a diversidade de cada persoa e regalar xoguetes que faciliten a cooperación e a comunicación.

Tamén buscar xoguetes que axuden a desenvolver as diversas capacidades e habilidades dos nenos e nenas. Buscar xoguetes que potencien a igualdade na participación, así como o desenvolvemento de sentimentos e afectos sen diferenciación. Evitar xoguetes e xogos violentos fomentando o uso de xoguetes didácticos. Potenciar o uso de libros, videoxogos e xoguetes nos que se nomeen e sexan protagonistas tanto nenos como nenas. Deixemos que as nenas e nenos elixan, sen verse condicionados por roles tradicionais. “O xoguete que agasallemos hoxe fomentará valores humanos e persoais que lles serviran para nun futuro compartir traballos e responsabilidades”.

Desde o CIM de Ribadeo “animamos ás familias para romper cos tópicos regalando ás súas fillas e fillos xoguetes e obxectos neutros, sen diferenzas en función do sexo, como bicicletas, libros, material deportivo, xogos de ciencia e outros xoguetes didácticos”.

Na actualidade, segundo o CIM, existen no mercado algúns videoxogos que contribúen ao desenvolvemento de actitudes e comportamentos de cooperación e nos que non aparecen personaxes femininos como un obxecto sexual e personaxes masculinos caracterizados pola súa violencia e crueldade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...