InicioOrientalRibadeoCorta e poda de árbores no CIFP Porta da Auga de Ribadeo

Corta e poda de árbores no CIFP Porta da Auga de Ribadeo

O director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, explicou que “nas zonas verdes do centro tíñamos varias árbores que levaban uns anos sen podar e sen os coidados".

Publicada o

- Advertisement -

Nas zonas verdes do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, realizouse unha actividade de corta e poda de árbores coa colaboración do Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) Pedro Murias, que está situado na parroquia ribadense de Vilaframil e conta cun ciclo medio dual de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, e da empresa Agroforestal Rouco, do Valadouro.

O director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, explicou que “nas zonas verdes do centro tíñamos varias árbores que levaban uns anos sen podar e sen os coidados“. Outras árbores afectaban “a determinadas estruturas cando había algo de temporal porque estaban moi altas e podían supoñer un risco para as xanelas e para determinadas estruturas do centro”.

Desta maneira aproveitouse que no centro Pedro Murias había un ciclo formativo relacionado co sector forestal. A proposta do CIFP encaixaba na programación dos seus módulos formativos para facer determinadas prácticas de corta e de poda das árbores. Posteriormente os restos que quedaron das árbores foron eliminados pola empresa Agroforestal Rouco, que xa tiña participado noutras colaboracións co CIFP e prestou a máquina que serviu para facer prácticas de triturado.

Isidro Berdeal considera que foi unha actividade interesante “para o alumnado, que puido traballar con máquinas de última xeración e quedaron sorprendidos do seu funcionamento“. Tamén resultou satisfactoria para os propios centros, que fixeron unha colaboración da que se benefician ambas comunidades educativas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...