InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo insístelle a Comesaña, nova carta pedindo solucións ao...

O alcalde de Ribadeo insístelle a Comesaña, nova carta pedindo solucións ao non ter resposta do conselleiro desde hai un mes

O alcalde ribadense dixo que “o certo é que hai máis dun mes que lle mandamos un escrito pedíndolle ao conselleiro o reforzo inmediato dos cadros de persoal do centro de saúde".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, ven de enviar unha nova carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na que lle lembra que hai máis dun mes lle mandou un escrito valorando de xeito positivo a proposta de actuación sanitaria na vila, pero que ata o día de hoxe nada máis soubo da administración autonómica.

O rexedor considera que “estes procesos levan tempo, e aínda que nos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2022 non vemos que haxa consignación algunha para un centro de saúde en Ribadeo, pola nosa parte non ha de quedar o de ir buscando e argallando unha solución real e posible”.

O alcalde ribadense dixo que “o certo é que hai máis dun mes que lle mandamos un atento escrito valorando positivamente esa proposta de actuación sanitaria en Ribadeo. Como resumo daquel documento, pediámoslle ao conselleiro o reforzo inmediato dos cadros de persoal do centro de saúde”.

Fernando Suárez considera que a situación destes últimos anos se está convertendo en endémica “e as queixas da veciñanza pola falta de profesionais é sistemática”. Tamén se fixo a suxestión de adaptar o actual edificio do centro de saúde pero que en todo caso, se non o consideraban así, “pola nosa banda ofrecíamos colaboración para buscar unha solución a esa petición de terreos necesarios para a construción dun novo centro de saúde, que eles cifraban nuns 2.500 metros cadrados”.

O alcalde de Ribadeo lembrou que o conselleiro de Sanidade dixera que persoal técnico de Sanidade se podería achegar a Ribadeo para visitar e para avaliar, xunto cos técnicos municipais, parcelas que puideran cumprir as necesidades técnicas que se requiren para as obras.

Fernando Suárez indicou que “a día de hoxe non soubemos nada máis. Ninguén nos chamou, ninguén veu por aquí, a pesar de que telefonicamente eu contactei co seu equipo técnico para dicirlle que estábamos aquí á súa disposición”. Suárez engadiu que o Concello de Ribadeo non é titular dun terreo coa superficie que “eles nos requiren en ámbito urbano, pero que isto non é óbice para que non poidamos buscar unha solución”.

O rexedor engadiu que “afortunadamente temos aprobadoun Plan Xeral de Ordenación Municipal que contempla varios polígonos urbanísticos que, aínda que non se atopan desenvoltos polos seus propietarios, si que puideran ser obxecto de estudo pola administración municipal”. O obxectivo é buscar o desenvolvemento dalgún deses terreo.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...