InicioCulturaSuspenden o concerto "Aquí como en Viena" en Ribadeo ante o avance...

Suspenden o concerto “Aquí como en Viena” en Ribadeo ante o avance da COVID

O director da Banda ribadense, David Ballester, declarou que “isto non quere dicir que non poidamos celebrar o concerto máis adiante, esperando que esta situación mellore”.

Publicada o

- Advertisement -

Debido á evolución da pandemia de Covid a asociación Amadores da Música e a dirección da Banda Municipal de Música de Ribadeo decidiron cancelar o concerto Aquí como en Viena, que estaba programado para mañá, martes, no auditorio Hernán Naval.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou: “moi ao noso pesar, a asociación Amadores da Música e a dirección da Banda Municipal de Música de Ribadeo decidimos cancelar o concerto Aquí como en Viena previsto para mañá, debido á situación actual que está atravesando o noso concello. Consideramos que é o máis prudente e o máis lóxico nestes momentos porque o primeiro de todo é a seguridade dos músicos e do público, co cal tomamos esa decisión”.

David Ballester engadiu que “isto non quere dicir que non poidamos celebrar o concerto máis adiante, esperando que esta situación mellore”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...