InicioOrientalRibadeoO Casco Vello de Ribadeo declarado área REXURBE para satisfacción do consistorio

O Casco Vello de Ribadeo declarado área REXURBE para satisfacción do consistorio

"E agora quixemos dar un paso máis adiante e hai poucas semanas o pleno da Corporación dirixiuse ao Consello da Xunta para que faga efectiva esta solicitude" declarou o alcalde, Fernando Suárez.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, amosa a satisfacción do equipo de goberno pola declaración da Área Rexurbe para o casco vello de Ribadeo por parte do Consello da Xunta e por todo o que vai implicar.

O rexedor quixo “sinalar a nosa satisfacción por esta declaración que acaba de facer o Consello da Xunta de Área Rexurbe para o casco vello da vila de Ribadeo. Esta iniciativa pode vir porque afortunadamente o Concello de Ribadeo hai poucos meses aprobou o Peprich, plan especial que regula todo o urbanismo do casco vello de Ribadeo. E agora quixemos dar un paso máis adiante e hai poucas semanas o pleno da Corporación dirixiuse ao Consello da Xunta para que faga efectiva esta solicitude, de converter este casco antigo de Ribadeo nun modelo a seguir mellorando”.

Suárez Barcia dixo: “sabemos que nos últimos anos fomos traballando moito tanto na rehabilitación de espazos públicos como na de vivendas particulares. Hai unha chea de convenios que se levan asinados durante os últimos anos. Pero agora queremos dar un paso máis adiante para, precisamente a través deste programa Rexurbe, impulsar a rehabilitación e a recuperación de determinados espazos públicos no casco vello que doutro xeito sería moi improbable que se modernizasen a curto ou a medio prazo. De aí que con esta Área Rexurbe, na que van participar con fondos o Concello, a Xunta e o Estado, poderemos facer determinadas actuacións no forte de San Damián, no xulgado de paz, no ámbito de Cabanela -ese barrio tan bonito, tan estragado e tan abandonado onde naceu Ribadeo- ou mesmo na capela da Virxe do Camiño e nos seus arredores. Neses lugares poderemos facer actuacións máis intensas da man do resto de administracións”.

E engadiu: “ao mesmo tempo a filosofía do ARI vai cambiar para ser a do Rexurbe, no que se van mellorar as contías e as porcentaxes de axuda para a rehabilitación en todo o casco vello, non soamente nestas áreas singulares que describín como algunhas posibles actuacións senón en todo o casco vello os propietarios de inmobles veranse beneficiados de que de aquí en diante as axudas serán máis intensas”.

Para Fernando Suárez “é algo moi importante, que poucos concellos de Galicia teñen e Ribadeo quíxose sumar tamén a este tren”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...