InicioOrientalRibadeoOs participantes na San Silvestre de Ribadeo deberán levar máscara e gardar...

Os participantes na San Silvestre de Ribadeo deberán levar máscara e gardar a distancia de seguridade

O concelleiro de Deportes de Ribadeo rematou felicitando o novo ano: “como non pode ser doutra maneira quero felicitar o ano e desexar un 2022 con moita saúde e cos mellores desexos tanto para a veciñanza como para a xente que nos ven visitar ao longo do ano”.

Publicada o

- Advertisement -

Mañá, venres, celébrase en Ribadeo a XXXI edición da San Silvestre. Son 525 os inscritos que se darán cita nesta carreira, que ven marcada polo protocolo covid. Os participantes correrán con máscara e desde o Concello pídese prudencia e recoméndase manter a distancia de seguridade á xente que acuda a ver a proba co obxectivo de evitar aglomeracións.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, dixo que “mañá realízase unha nova edición da San Silvestre, que será a 31. Nesta cita participarán uns 525 inscritos dentro das catro modalidades que todos os anos vimos facendo. O percorrido vai ser o habitual na carreira dos cinco quilómetros. Vai polas distintas rúas do casco urbano, chegando ao Cargadeiro e dando a volta para rematar diante do Concello”.

O edil sinalou que “é un ano que está moi marcado polo covid. Hai un protocolo sanitario que nos obriga a cumprir con certas restricións como o uso da máscara e hai que cubrir unha declaración responsable cando se recolla o dorsal. Queremos dicirlles aos participantes que teñan moita prudencia e aos que veñan a ver a carreira que manteñan a distancia de seguridade, máscara en todo momento e procurar non aglomerarse”.

Jorge Díaz tivo palabras de agradecemento para o voluntariado: “facer unha referencia importante a toda a xente que colabora con nosoutros e a todo o voluntariado ao longo de todo o 2021 que foron varios eventos que se fixeron e aí estiveron para apoiarnos. Queremos darlles as grazas porque sen eles é imposible facer ningún tipo destes eventos que habitualmente vimos facendo”.

O concelleiro de Deportes de Ribadeo rematou felicitando o novo ano: “como non pode ser doutra maneira quero felicitar o ano e desexar un 2022 con moita saúde e cos mellores desexos tanto para a veciñanza como para a xente que nos ven visitar ao longo do ano”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...