- Advertisement -
Ribadeo quedará por segundo ano consecutivo sen Cabalgata dos Reis Magos. E, como o ano pasado, a culpa é da Covid-19. Así o anunciou o presidente da comisión organizadora da Cabalgata, Balbino Álvarez.
Melchor, Gaspar e Baltasar estarán o mércores, 5 de xaneiro, de 18:00 a 20:30 horas no quiosco da música para que todos os nenos e as nenas os poidan ver e saudar. Álvarez dixo que “alí haberá caramelos e larpeiradas para a rapazada” que se acerque a ver a los Reis Magos en Ribadeo.