InicioOrientalRibadeoTraballos de seguridade no paseo das Aceas en Ribadeo xunto á Casa...

Traballos de seguridade no paseo das Aceas en Ribadeo xunto á Casa das Algas

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, sinalou que son "labores de mantemento e de seguridade. Estamos instalando unha malla para evitar todos eses esvaróns e mesmo caídas que houbo".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo realiza estes días traballos de mantemento e seguridade no paseo das Aceas, preto da Casa das Algas, co fin de evitar esvaróns ou caídas ocasionadas pola choiva ou pola xeada. Operarios municipais están a instalar unha malla antideslizante nesa zona. As tarefas rematarán nuns días.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, contou que “estes días estamos a facer unhas labores de mantemento no acceso ás Aceas, nun tramo que no que hai varanda bastante importante na Vilavella, onde empeza o tramo das Aceas, ese paseo tan bonito que temos aquí no concello de Ribadeo”.

O edil ribadense subliñou que “son labores de mantemento e de seguridade. Estamos instalando unha malla para que todos eses esvaróns que había e mesmo caídas non se volvan repetir. É unha malla de bastante seguridade, antideslizante para pavimentos de madeira e incluso para sendeiros, pasarelas e escaleiras”.

Díaz Freije sinalou que “o estamos instalando con persoal propio da Concellaría de Obras. Pretendemos que ao longo da semana que ven acaben os traballos desta labor que creo que é importante no eido da seguridade para os viandantes que usan esa zona de paseo ou de esparexemento, tanto andando como en bicicleta ou correndo. Esperemos que eses inconvintes que había queden xa superados deste xeito”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...