InicioOrientalRibadeoRibadeo anuncia que recorrerá a fondos propios para arranxo de camiños ante...

Ribadeo anuncia que recorrerá a fondos propios para arranxo de camiños ante o escaso orzamento de AGADER

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, declarou que tamén contarán con fondos da Deputación de Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, asegura que o Concello solicitará, coma sempre fai, as axudas do Agader para o arranxo de camiños. E di que se trata dunha cantidade pírrica, os 46.000 euros que están dispostos a darlle a Ribadeo, xa que “iso nos da para a metade do presuposto dun camiño de calquera parroquia”. 

O rexedor agradece o consello do grupo municipal popular: “moitas grazas, moi agradecidos, pero habemos pedila como pedimos todos os anos esta subvención do Agader, que a fin de contas a cantidade que nos dan é pírrica e ben baixiña para o nivel de necesidade que ten un concello como Ribadeo, con todas as parroquias que ten, con todos os camiños municipais que ten…”.

Suárez Barcia dixo que “a fin de contas son 46.000 euros os que está disposto a dar a Xunta, que nos da practicamente para a metade dun camiño de calquera parroquia. É mais na convocatoria de hai dous anos nin sequera nola quixeron pagar, que tivemos que ir a un contencioso contra a Xunta, que gañamos por suposto, e disto si que non falan para nada”.

O alcalde ribadense engadiu que “xunto con este pequeniño grao de area teremos que achegalo a outros moito máis importantes de fondos propios e mais da Deputación Provincial, senón aviados íamos con estas axudas tan cativas que nos da a Xunta”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...