InicioOrientalRibadeoEducación afectivo-sexual para o alumnado de Ribadeo entre o 7 e o...

Educación afectivo-sexual para o alumnado de Ribadeo entre o 7 e o 16 de febreiro

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, explica que “De bo rollo! é para 2ª Básica do CIFP Porta da Auga, 3ºESO e 1ºBAC Coed. do IES Ribadeo e 1º e 2º ESO do Colexio Sagrado Corazón. É unha actividade xeral sobre sexualidade, diversidade e xestión saudable das relacións".

Publicada o

- Advertisement -

O CIM continúa coa educación en igualdade por medio de diversas actividades. Desta volta será cuns talleres de educación sexual dirixidos ao alumnado dos centros de ensino. Son: De bo rollo! e PorNo(n)Educar.

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, explica que “De bo rollo! é para 2ª Básica do CIFP Porta da Auga, 3ºESO e 1ºBAC Coed. do IES Ribadeo e 1º e 2º ESO do Colexio Sagrado Corazón. É unha actividade xeral sobre sexualidade, diversidade e xestión saudable das relacións. Ten como eixes transversais o autocoñecemento do corpo, a xestión das emocións, o bo trato e a autoestima. A finalidade deste curso é traballar a comunicación asertiva, a posta de límites e a negociación para garantir as relación desexadas libres de coacción e violencias”.

A edil ribadense sinala que “PorNo(n)Educar é para Ciclo Medio do CIFP Porta da Auga, 4º ESO e 1ºBAC Coed. do IES Ribadeo e 3º e 4º ESO do Colexio Sagrado Corazón. Ten como obxectivo xeral xerar pensamento crítico e reflexionar conxuntamente sobre os contidos que aparecen na pornografía, intentando evitar que se converta nun axente educativo para as futuras xeracións . Tamén proporciona información clara e rigorosa sobre a pornografía para identificar que tipo de modelos, corpos, roles de xénero e erótica se transmiten a través dos medios de comunicación e en concreto da pornografía, e como isto inflúe nos nosos vínculos e na nosa sexualidade. Neste taller buscarase a participación activa do alumnado estimulando a reflexión grupal, o debate, a formulación de preguntas e a busca de respostas conxuntas para promover o pensamento crítico sobre a temática”.

Álvarez Lastra engade que “os talleres serán impartidos por persoal especializado que realiza proxectos de educación sexual e actividades divulgativas de sexoloxía para centros educativos, asociacións que traballan con usuarias con discapacidade, centros de información a muller, e colabora como persoal docente en formacións para profesionais sobre sexualidade e discapacidade. Queremos dar as grazas ao Centro de Psicoloxía Sanitaria especializado en Sexoloxía “Con mucho gusto!“ pola súa colaboración”.

Estes obradoiros desenvolveranse os días 7 e 9 de febreiro no CIFP Porta da Auga, o 8 e 9 de febreiro no IES de Ribadeo e do 14 ao 16 de febreiro no Colexio Sagrado Corazón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...