InicioOrientalRibadeoXa se coñecen os números gañadores do sorteo de San Valentín organizado...

Xa se coñecen os números gañadores do sorteo de San Valentín organizado por ACISA Ribadeo

O xerente de Acisa agradeceu “a acollida que tivo por parte de comerciantes e clientes esta iniciativa, que por primeira vez sorteaba viaxes deste tipo, o cal nos fai expornos, que este poida ser un ano de moitas viaxes como premios para os nosos clientes”.

Publicada o

Xa se coñecen os números gañadores da campaña Namorate do Comercio de Ribadeo por San Valentín de Acisa. O sorteo tivo lugar nas oficinas da asociación esta mesma mañá e, tal e como se anunciou, foi emitido a través das súas redes sociais.
As papeletas afortunadas foron entregadas na Coqueta, Laboral San Antonio e Boutique Valentina. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, interveu ao comezo do sorteo dirixíndose aos veciños e veciñas: “en primeiro lugar felicitar a todos os namorados, e desexarlles que gocen do día, e sobre todo lembrade que este luns moitas tendas están abertas con motivo da celebración San Valentín, para aqueles que deixan as cousas para última hora.  E que os restaurantes tamén están abertos para aquelas parellas de namorados que queiran celebrar este día cunha comida ou unha cea”.
Tamén lembrou o funcionamento do sorteo: “editáronse 5.000 rifas repartidas no comercio local asociado, o sorteo é non presencial, realizámolo cun programa de xeración de números aleatorios. Os premios son 3 experiencias, de 2 días de desconexión, que constan dunha noite e almorzo para dúas persoas a elixir entre 2.800 destinos nacionais.  Os premios poden reclamarse ata o 21 de febreiro nas oficinas de Acisa Ribadeo de 09:30 a 14:30 na rúa San Roque 57 – baixo, e se estivesen pechadas, pode chamarse ao 672 24 82 26. Hai que lembrar tamén algo moi importante, que ninguén tire as rifas ata o día 22 de febreiro, xa que de quedar algún premio deserto ese volveríase a sortear o día 22 de febreiro”. Os números afortunados no sorteo son os seguintes: -4.266 a papeleta foi entregada na Coqueta. -1.989 a papeleta foi entregada en Laboral San Antonio. -2.624 a papeleta entregouse en Boutique Valentina”.
O xerente de Acisa agradeceu “a acollida que tivo por parte de comerciantes e clientes esta iniciativa, que por primeira vez sorteaba viaxes deste tipo, o cal nos fai expornos, que este poida ser un ano de moitas viaxes como premios para os nosos clientes”. Os números agraciados pódense consultar desde hoxe e durante varios días nas redes e en web de Acisa Ribadeo e o sorteo pódese ver en https://www.facebook.com/acisaribadeo/videos/1061798664676765/

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...