InicioOrientalRibadeoRibadeo saca a licitación as obras para mellorar e equipar a Escola...

Ribadeo saca a licitación as obras para mellorar e equipar a Escola Vella de Rinlo

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “como queremos ir cumprindo os nosos compromisos que fomos adquirindo cos veciños e veciñas de Rinlo, no día de hoxe sacamos a licitación pública as obras de mellora e equipamento da Escola Vella de Rinlo".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello sacou a licitación as obras de mellora e equipamento da Escola Vella de Rinlo. O investimento ascenderá a 23.600 euros. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 21 de febreiro.

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “como queremos ir cumprindo os nosos compromisos que fomos adquirindo cos veciños e veciñas de Rinlo, no día de hoxe sacamos a licitación pública as obras de mellora e equipamento da Escola Vella de Rinlo. Este edificio vivo, con moita actividade, e que cumpre numerosas funcións, tanto de reunión veciñal, como para actividades sociais, culturais, de lecer, etc”.

O rexedor explicou que “por iso, redactouse un proxecto polo técnico municipal, que ascende a uns 23.600€ e que recolle todas as suxestións feitas pola asociación de veciños no seu momento, como foron as de arranxar os problemas de humidade, revisar a cuberta, reparar a carpintaría, eliminar os problemas de filtración de auga nos aseos, pintar e reparar a zona do peche da parcela, dotar de radiadores e mobiliario”.

Suárez Barcia indicou que “agora licitamos este proxecto e todas as empresas profesionais interesadas poderán presentar a súa oferta ata o vindeiro 21 de febreiro en sobre pechado, aquí nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo.

O alcalde ribadense subliñou que “esta obra é posible grazas a que ao final do pasado ano asinamos un convenio de colaboración interadministrativa entre a Deputación de Lugo e mais o Concello de Ribadeo para financiar as obras de mellora e equipamento, logo de que a axuda que tiveramos solicitada á Xunta de Galicia para este fin a principios do ano anterior, viñera denegada lamentablemente. Continuamos agora, no proceso de mellora de locais parroquiais municipais, tal e como estamos a facer nestes últimos tempos en Covelas e en Cedofeita”.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...