InicioOrientalRibadeoAs parroquias de Ribadeo réndense ante as historias da contacontos Paula Carballeira

As parroquias de Ribadeo réndense ante as historias da contacontos Paula Carballeira

Paula Carballeira estivo esta fin de semana nas escolas de Ove e Vilaframil e a finais do mes de marzo actuará para as veciñas e veciños de Covelas e Couxela.

Publicada o

- Advertisement -

Éxito de público nas actuacións ofrecidas pola contacontos Paula Carballeira esta fin de semana en Ove e en Vilaframil. A actividade enmárcase no ciclo Cultura nas Parroquias.

Desde a Concellaría de Cultura apuntan que “houbo un tempo en que botar un conto facía parte da vida cotiá do pobo galego, coma do resto das do mundo.Cando ese hábito esmoreceu houbo quen o rescatou das cociñas e lareiras e o levou aos escenarios. No noso país xurdiron excelentes contadores e contadoras como Quico Cadaval, Raquel Queizás, Cándido Pazó, Celso F. Sanmartín ou Paula Carballeira”.

Paula Carballeira foi precisamente quen estivo esta fin de semana nas escolas de Ove e Vilaframil e a finais do mes de marzo actuará para as veciñas e veciños de Covelas e Couxela.

Con estes dous eventos comezou con moito éxito de público o ciclo Cultura nas Parroquias “que pretende chegar polo ano adiante e con diferentes propostas a todas as parroquias do rural ribadenses”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...