Tras concluír o prazo para reclamar os premios de San Valentín sorteados por Acisa Ribadeo, a única persoa que se presentou nas instalacións da asociación foi Pilar Sánchez Soto, coa papeleta 1989 entregada en Laboral San Antonio, que gozará dunha das experiencias, de 2 días de desconexión, que constan dunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, cada unha, a elixir entre 2.800 destinos nacionais.
As outras dúas papeletas tras non reclamarse o premio quedaron anuladas procedéndose a un novo sorteo, tal e como contemplaban as bases da campaña.
Desde Acisa subliñan que “os premios poden reclamarse ata o vindeiro luns, 28 de febreiro, nas oficinas de Acisa Ribadeo de 09:30 a 14:30 na rúa San Roque 57 – baixo. E aínda que estea pechado o noso local, poden chamar ao 672 24 82 26. De non aparecer gañadores para estes dous premios daranse definitivamente por desertos”.
Os dous números premiados no novo sorteo foron: A rifa nº 2.594, que foi entregada en Vos Irmandiños. E a rifa nº 121 entregada en Xestión de Sistemas Eléctricos de Ribadeo.
Desde Acisa confían en poder entregar nesta segunda ocasión estas dúas viaxes. E lembran que o sorteo pode verse no Facebook @acisaribadeo.