InicioOrientalRibadeoCursos gratuítos en Ribadeo para adultos sobre o certificado dixital

Cursos gratuítos en Ribadeo para adultos sobre o certificado dixital

O curso sobre o certificado dixital, totalmente práctico e dirixido a adultos, impártese en varios grupos reducidos: Grupo1, os días 22 e 25 de febreiro; Grupo 2, os días 1 e 4 de marzo; e Grupo 3, os días 8 e 11 de marzo. O horario será de 12:00 a 13:00 horas.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, visitou esta mañá ao alumnado que participa no curso para adultos sobre o certificado dixital que o Concello imparte na aula CeMIT. A actividade deu comezo hoxe e seguirá nos vindeiros días en varios grupos.

O rexedor declarou que “houbo moita demanda de participación para este primeiro cursiño para adultos sobre o certificado dixital. Son estas novas necesidades da vida moderna que nos tocan vivir a todos, onde no caso das persoas xurídicas xa é obrigatorio que se dirixan diante da administración pública con certificados dixitais, pero as persoas físicas tamén o estamos necesitando día si e día tamén. De aí que estes cursiños que fixemos dirixidos a todo o mundo están tendo moitísima aceptación. Hai moita xente que se ven anotando, incluso algunha dela de fora de Ribadeo, e hoxe é unha boa proba disto”.

Suárez Barcia sinalou que “nos próximos días seguiremos facendo estes cursos dividindo á xente en grupos. Logo, se as expectativas superan toda esta oferta que tíñamos, repensaremos e faremos novos cursiños porque o que se trata é de facer do telecentro un lugar para consulta, para aprender e un lugar para que diferentes segmentos de idade, desde xente nova a xente máis maior pasando por toda a que está en activo laboralmente, veña, se forme, aprenda e se recicle. Iso é o que pretendemos desde o Concello de Ribadeo”. Acompañou nesta visita ao telecentro ao alcalde ribadense o concelleiro Jorge Díaz.

O curso sobre o certificado dixital, totalmente práctico e dirixido a adultos, impártese en varios grupos reducidos: Grupo1, os días 22 e 25 de febreiro; Grupo 2, os días 1 e 4 de marzo; e Grupo 3, os días 8 e 11 de marzo. O horario será de 12:00 a 13:00 horas.

A actividade explica todo o proceso para obter o certificado dixital, como pedir a correspondente cita para acreditar a identidade de cada persoa, a súa posterior instalación, exportación, instalación do certificado nos móbiles, firma de ficheiros e o seu uso en diferentes webs. Deste xeito cada usuario sairá do curso co seu certificado dixital obtido e sabendo como usalo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...