O vindeiro 1 de marzo, martes de Entroido, non haberá recollida de cartón porta a porta en Ribadeo.
Desde a Concellaría de Medio Ambiente explican que “para non interferir co desfile de Entroido, que percorrerá as rúas da nosa vila a partires das cinco da tarde do vindeiro martes, é por iso que durante esa xornada non haberá recollida de cartón porta a porta”.
Este departamento pide “ao comercio e á hostalería de Ribadeo que ese día non saquen os cartóns á rúa, xa non se van recoller. Que os garden e os preparen para o xoves, 3 de marzo, que será cando o servizo volva funcionar con normalidade e no seu horario habitual”.
E engaden que “o punto limpo tamén estará pechado o martes de Entroido pola tarde”.