InicioOrientalRibadeoO 1 de marzo, Martes de Entroido, non haberá recollida de cartón...

O 1 de marzo, Martes de Entroido, non haberá recollida de cartón en Ribadeo

E engaden que “o punto limpo tamén estará pechado o martes de Entroido pola tarde”.

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro 1 de marzo, martes de Entroido, non haberá recollida de cartón porta a porta en Ribadeo.

Desde a Concellaría de Medio Ambiente explican que “para non interferir co desfile de Entroido, que percorrerá as rúas da nosa vila a partires das cinco da tarde do vindeiro martes, é por iso que durante esa xornada non haberá recollida de cartón porta a porta”.

Este departamento pide “ao comercio e á hostalería de Ribadeo que ese día non saquen os cartóns á rúa, xa non se van recoller. Que os garden e os preparen para o xoves, 3 de marzo, que será cando o servizo volva funcionar con normalidade e no seu horario habitual”.

E engaden que “o punto limpo tamén estará pechado o martes de Entroido pola tarde”.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...