InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo pide flexibilidade ao empresariado do concello para facilitar...

O alcalde de Ribadeo pide flexibilidade ao empresariado do concello para facilitar a participación no Entroido

No Bando o rexedor, Fernando Suárez, sinala que “Ribadeo disponse a celebrar, como nos anos anteriores á pandemia que tivemos que sufrir, as tradicionais festas do Entroido".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, a través dun Bando pide ao empresariado ribadense que o 1 de marzo, martes de Entroido, pola tarde sexa flexible para facilitar a participación nesta tradicional festa.

No Bando o rexedor sinala que “Ribadeo disponse a celebrar, como nos anos anteriores á pandemia que tivemos que sufrir, as tradicionais festas do Entroido. Con este motivo a Alcaldía, ao tempo que convida a compartir o Entroido Ribadense a todos os veciños, veciñas e visitantes que se achegan a este concello, solicita do empresariado e comerciantes en xeral que o vindeiro martes, 1 de marzo, pola tarde, sexa flexible nos seus traballos para facilitar a participación cidadá nestas festas e contribuír deste xeito ao realce das mesmas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...