InicioOrientalRibadeoA Vilavella de Ribadeo dentro dun proxecto para a creación dunha área...

A Vilavella de Ribadeo dentro dun proxecto para a creación dunha área recreativa

O rexedor ribadense, Fernando Suárez, contou que “dentro das actuacións de mellora que queremos seguir facendo na vila en espazos degradados ou mal acondicionados, está a creación da área recreativa da Vilavella".

Publicada o

- Advertisement -

O equipo de goberno proxecta a creación dun área recreativa na Vilavella, na que se colocará diverso mobiliario, se crearán un aparcamento ordenado de vehículos e un pequeno miradoiro e se instalará iluminación led, segundo explicou hoxe o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor contou que “dentro das actuacións de mellora que queremos seguir facendo na vila en espazos degradados ou mal acondicionados, está a creación da área recreativa da Vilavella. Esta fermosa zona da entrada da vila, constitúe tamén o acceso aos clubs de remo e piragüismo ás instalacións da Vilavella, que se caracteriza por ser moi perigoso, xa que a zona non é máis que o resto da antiga estrada de acceso a Ribadeo, que foi quedando desconectada e que actualmente se utiliza como un aparcadoiro en precario, pero de moi perigoso acceso”.

Suárez Barcia explicou que “o que pretendemos é facer en todo ese ámbito unha área recreativa ordenada, recuperando os espazos verdes a través do axardinamento, dotándoo de árbores, con diverso mobiliario propio de áreas recreativas e posibilitando tamén o aparcamento ordenado de vehículos. Tamén se crearía un pequeno miradoiro e se substituiría o actual e escaso alumeado público por outras lámpadas de tecnoloxía led nesa contorna”.

O alcalde dixo que “esta área recreativa, de fácil acceso a pé e en vehículo, serviría de zona de descanso ou de paso cara a ruta do Muíño das Aceas, dentro deste Camiño Natural da Ruta do Cantábrico que percorre toda a costa ribadense, xa que se trata dun espazo anexo á Rede Natura 2000, polo que crearíamos unha senda peonil segura para conectar o inicio do camiño ao Muíño das Aceas”.

Fernando Suárez engadiu que “para poder facer todo isto, acabamos de solicitar unha axuda á Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental para este ano, cun proxecto que os técnicos cifraron en 40.000 euros. Queremos confiar que este marabilloso proxecto, dirixido para os nosos mozos e mozas practicantes de deportes acuáticos, así como para toda a cidadanía, sexa merecedor do apoio económico da Xunta”.

Ata esa futura área recreativa da Vilavella se desprazon o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Obras e Medio Ambiente, Mónica Freire e Jorge Díaz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...