ACISA Ribadeo entrega a Segunda Experiencia de San Valentín

O afortunado gozará dunha experiencia dunha noite máis almorzo a elixir entre 2.800 destinos nacionais.


Acisa fixo entrega da segunda experiencia de San Valentín a Iago Fernández Pulpeiro.

O afortunado gozará dunha experiencia dunha noite máis almorzo a elixir entre 2.800 destinos nacionais. A súa papeleta, a 121, foille entregada en Gestión de Sistemas Eléctricos.

O terceiro premio da campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo quedou deserto, tras os dous sorteos celebrados o pasado mes de febreiro. Desde a xerencia da asociación ribadense, Jesús Pérez, apunta que “volveremos sortear esta terceira experiencia con motivo do inminente día do pai, cuxa campaña estamos a ultimar neste momento”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here