InicioOrientalRibadeoRibadeo saca a concesión para vender un posto no mercado de artesanía

Ribadeo saca a concesión para vender un posto no mercado de artesanía

“Poderán presentar as súas solicitudes os artesáns e creadores que acrediten que as pezas a expoñer son de autoría propia”, engaden desde a Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello sacou a concesión da autorización para a venda no posto nº3 do Mercado de Artesanía da rúa Rodríguez Murias.

Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local indican que “o modelo de solicitude e mais a documentación que deberán presentar os interesados, encóntranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello. O prazo para presentar as solicitudes remata o 23 de marzo”.

O Mercado de Artesanía da rúa Rodríguez Murias celébrase do 1 de xullo ao 15 de setembro con periodicidade diaria, e do 16 de setembro ao 6 de xaneiro e do 1 de marzo ao 30 de xuño as fins de semana e os días festivos.

“Poderán presentar as súas solicitudes os artesáns e creadores que acrediten que as pezas a expoñer son de autoría propia”, engaden desde a Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...